Latest Event Updates

SAUDOS DO PORVISO

Posted on Updated on

Ola son o Porviso, mascota do CPI dos Dices de Rois. Son un gran lector, leo moito na nosa biblioteca. Alí descubrín libros increibles sobre moitas cousas, unha delas chamoume moito a atención algo que chamaban “O septimo arte”.

Decidín crear este blog para que vós aprendades xunto conmigo sobre este tema tan interesante:  O CINE

 

porviso_cine2 (copia)

POR FIN!!! O NOSO PRIMER FLIME

Posted on

TRAS VARIOS ANOS DE ESPERA, POR FIN PODEMOS VER O TRABALLO QUE FIXEMOS NO CURSO 2013- 2014, AQUÍ ESTÁ O RESULTADO, ESPERAMOS QUE VOS GUSTE

Fomos a Santiago

Posted on

Fomos a Santiago a grabar as diferenzas escenas do filme aquelas que se desenvolvidas dentro da catedral de Santiago e na praza do Obradoiro.

Comeza o proceso de grabación

Posted on

Comezamos co proceso de grabación do noso filme

OS EQUIPOS SEGUEN TRABALLANDO

Posted on Updated on

Hoxe o equipo de cámara empezou a súa andadura, fomos ata a antiga escola unitara dos Dices a preparar unha das escenas e probar as diferentes posicións da cámara.

Outro dos equipos, que hoxe tamén empezou o seu traballo,  foi o equipo de son. Aprenderon a utilizar  a pértiga co micro, e a monitorizar a recepción do son.

IMG_0006         IMG_0007         IMG_0008

COMEZAMOS A PREPRODUCCIÓN

Posted on Updated on

O mércores foi o primeiro día de traballo de preproducción de todo o equipo, ainda que o grupo de satrería xa leva unha semana traballando. Imos comezar coa preproducción da Escea 4, cando o Porviso fala coa Hospitalaria e esta lle conta a lenda do Apóstolo Santiago.

Primeiro fomos ver un escenario do rodaxe, a vella escola unitaria ao lado do colexio. Non estaba tan ben coma pensabamos, pero sacamos unhas imaxes para que o equipo de cámara e de decorados vexan o que podemos facer, pois temos que convertila nun albergue de peregrinos.

proba1proba2

Despois xuntámonos por equipos, e cada uno foi traballando a  súa parte:

O Equipo de Dirección ensaiou cos actores o texto e modificouno para que fora mais acorde coa forma de falar  do Porviso.

O Equipo de Decorados estivo pensando que cousas necesitaríamos para converter a escola unitaria nun albergue. Polo de agora falouse de facer un cartel e buscar mochilas e paus de pregregrinos. Tamén discutiron como resolver para disimular que o edificio fáltanlle cachos por pintar.

O Equipo de Sastrería estivo seleccionando o vestiario para a hospitalaria.

O Equipo de Imaxe estivo decidindo as posicións da cámara e os tipos de encuadres para os planos deste escea.

O Equipo de Son estivo traballando os efectos sonoros e facendo a listaxe das cousas que farán falta levar para a rodaxe.

E aquí tedes algunhas imaxes deste día

leyendoguionactor ensayando

equiposoncamara

COMEZAMOS A TRABALLAR

Posted on Updated on

Esta semana o grupo encargado da sastrería comezou o seu traballo para a confección do traxe do Porviso e outros traxes que necesitaremos para a rodaxe do noso vídeo. Deixamovos unha mostra do que fixemos:os patróns e a costura dos traxes.

20140224_144532      20140224_144610

CHARLA SOBRE MICRÓFONOS NUNHA GRABACIÓN

Posted on Updated on

O profe Luis impartiunos unha charla sobre os diferentes micro que poderíamos utilizar nunha grabaión de vídeo: omnidireccionais, unidireccionais, pertiga, de lapela etc. Tamén nos falou dos diferentes aspectos a ter en conta na grabación con respecto ao son e fíxenos ver a importancia que un bo son ten en calquer vídeo que fagamos.

A continuación deixamosvos unha mostra da charla;  máis adiante publicaremos nun vídeo sobre o tema. Esperemos que vós guste.

EXPOSICIÓN DO ALUMNADO DE 4º ESO

Posted on Updated on

O alumnado de 4º ESO na materia de Historia, coa profe Pilar, fixo unha exposición co título “Cine: Arte ou Negocio” que foi exposta no corredor do edificio se secundaria. A exposición constaba de 7 temas sobre o cine: directores, productores, cine español, cine galego etc. Cada un destes temas empregou como soporte expositivo  unhas claquetas de cine.

Posteriormente todos os grupos fixeron unha presentación sobre o seu traballo ao alumnado de 1º de ESO. Deixamosvos un vídeo deste acontecemento.

CHARLA SOBRE AS CÁMARAS DE VIDEO

Posted on Updated on

O Venres 24 de Xaneiro o profesor de Tecnoloxía deu unha charla sobre cámaras de vídeo ao alumnado do Proxecto Interdisciplinar.

Para introducir o tema, Javier Méndez fixo connosco  un pequeno viaxe dende a época dos reis Borbóns ata os smartphones de última xeración de hoxe en día, para que comprendésemos a democratización que trouxeron as novas tecnoloxías na sociedade.

Despois, falounos sobre os diferentes tipos de cámaras de video que temos no CPPI dos Dices. Aprendimos a importancia de ter, non só unha boa cámara, senón tamén uns bos micrófonos que recollan o son.

CASTING NO CPI DOS DICES

Posted on Updated on

Hoxe empezou o casting no CPI dos Dices para o video do Proxecto de cine. Neste video o Porviso vainos contar cousas sobre o Patrimonio Galego.

Houbo moitos aspirantes a actores que o fixeron moi ben. Aqui deixamos un mostra do que aconteceu hoxe na biblioteca.

IMG_0241

casting 3peq

casting 2 peq20140122_143143