CHARLAS

CHARLA SOBRE MICRÓFONOS NUNHA GRABACIÓN

Posted on Updated on

O profe Luis impartiunos unha charla sobre os diferentes micro que poderíamos utilizar nunha grabaión de vídeo: omnidireccionais, unidireccionais, pertiga, de lapela etc. Tamén nos falou dos diferentes aspectos a ter en conta na grabación con respecto ao son e fíxenos ver a importancia que un bo son ten en calquer vídeo que fagamos.

A continuación deixamosvos unha mostra da charla;  máis adiante publicaremos nun vídeo sobre o tema. Esperemos que vós guste.

EXPOSICIÓN DO ALUMNADO DE 4º ESO

Posted on Updated on

O alumnado de 4º ESO na materia de Historia, coa profe Pilar, fixo unha exposición co título “Cine: Arte ou Negocio” que foi exposta no corredor do edificio se secundaria. A exposición constaba de 7 temas sobre o cine: directores, productores, cine español, cine galego etc. Cada un destes temas empregou como soporte expositivo  unhas claquetas de cine.

Posteriormente todos os grupos fixeron unha presentación sobre o seu traballo ao alumnado de 1º de ESO. Deixamosvos un vídeo deste acontecemento.

CHARLA SOBRE AS CÁMARAS DE VIDEO

Posted on Updated on

O Venres 24 de Xaneiro o profesor de Tecnoloxía deu unha charla sobre cámaras de vídeo ao alumnado do Proxecto Interdisciplinar.

Para introducir o tema, Javier Méndez fixo connosco  un pequeno viaxe dende a época dos reis Borbóns ata os smartphones de última xeración de hoxe en día, para que comprendésemos a democratización que trouxeron as novas tecnoloxías na sociedade.

Despois, falounos sobre os diferentes tipos de cámaras de video que temos no CPPI dos Dices. Aprendimos a importancia de ter, non só unha boa cámara, senón tamén uns bos micrófonos que recollan o son.