O NOSO PROXECTO

OS EQUIPOS SEGUEN TRABALLANDO

Posted on Updated on

Hoxe o equipo de cámara empezou a súa andadura, fomos ata a antiga escola unitara dos Dices a preparar unha das escenas e probar as diferentes posicións da cámara.

Outro dos equipos, que hoxe tamén empezou o seu traballo,  foi o equipo de son. Aprenderon a utilizar  a pértiga co micro, e a monitorizar a recepción do son.

IMG_0006         IMG_0007         IMG_0008

COMEZAMOS A PREPRODUCCIÓN

Posted on Updated on

O mércores foi o primeiro día de traballo de preproducción de todo o equipo, ainda que o grupo de satrería xa leva unha semana traballando. Imos comezar coa preproducción da Escea 4, cando o Porviso fala coa Hospitalaria e esta lle conta a lenda do Apóstolo Santiago.

Primeiro fomos ver un escenario do rodaxe, a vella escola unitaria ao lado do colexio. Non estaba tan ben coma pensabamos, pero sacamos unhas imaxes para que o equipo de cámara e de decorados vexan o que podemos facer, pois temos que convertila nun albergue de peregrinos.

proba1proba2

Despois xuntámonos por equipos, e cada uno foi traballando a  súa parte:

O Equipo de Dirección ensaiou cos actores o texto e modificouno para que fora mais acorde coa forma de falar  do Porviso.

O Equipo de Decorados estivo pensando que cousas necesitaríamos para converter a escola unitaria nun albergue. Polo de agora falouse de facer un cartel e buscar mochilas e paus de pregregrinos. Tamén discutiron como resolver para disimular que o edificio fáltanlle cachos por pintar.

O Equipo de Sastrería estivo seleccionando o vestiario para a hospitalaria.

O Equipo de Imaxe estivo decidindo as posicións da cámara e os tipos de encuadres para os planos deste escea.

O Equipo de Son estivo traballando os efectos sonoros e facendo a listaxe das cousas que farán falta levar para a rodaxe.

E aquí tedes algunhas imaxes deste día

leyendoguionactor ensayando

equiposoncamara

COMEZAMOS A TRABALLAR

Posted on Updated on

Esta semana o grupo encargado da sastrería comezou o seu traballo para a confección do traxe do Porviso e outros traxes que necesitaremos para a rodaxe do noso vídeo. Deixamovos unha mostra do que fixemos:os patróns e a costura dos traxes.

20140224_144532      20140224_144610

CASTING NO CPI DOS DICES

Posted on Updated on

Hoxe empezou o casting no CPI dos Dices para o video do Proxecto de cine. Neste video o Porviso vainos contar cousas sobre o Patrimonio Galego.

Houbo moitos aspirantes a actores que o fixeron moi ben. Aqui deixamos un mostra do que aconteceu hoxe na biblioteca.

IMG_0241

casting 3peq

casting 2 peq20140122_143143